Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 13 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira Reyes Leis para presentar o curso de formación en dirección de ocio e tempo libre organizado pola UMAD, xunto co técnico Jorge Carballido.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Ángel Currás fai entrega dos premios do concurso de vídeo-creación.

18.00 h
No salón de actos do Instituto Europeo Campus Stellae (praza da Quintana, 3), a concelleira Reyes Leis asiste á inauguración da mostra "A Estrada, as riquezas do noso concello".

19.00 h
No Auditorio de Galicia, o concelleiro José María Rosende asiste ao festival fin de curso da Escola Municipal de Música.

Compartir: