Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 12 de xuño

A partir das 8.30 h
No edificio Cersia, Xornadas formativas para profesionais sobre violencia de xénero, organizadas pola Área de Benestar Social do Concello: "XUNTA DE GALICIA: RECURSOS BÁSICOS E NOVIDADES. Novos retos no acollemento a mulleres vítimas". A cargo de Belén Liste Lázara, subdirectora xeral para o tratamento da violencia de xénero.

11.00 h
No Eixo e Marrozos continúan os traballos de rebacheo. Xa se levaron a cabo en Aríns e na zona de Lavacolla.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Reyes Leis, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.00 h
No Local Social Río Sarela, o concelleiro José María Rosende participa na charla de presentación do "Cinturón verde de Santiago. Plan de información e divulgación da potencialidade produtiva hortícola no contorno rural".

20.00 h
No CP Fontiñas, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Casiano Mouriño. Con motivo do 20º aniversario do Colexio público das Fontiñas.

20.30 h
Na Zona C, recital poético con Xiana Arias, Marta Dacosta, Rosa Enríquez, Lucía Novas e Susana Sánchez Aríns enmarcado nas actividades paralelas da intervención 'Levons-nous! O himno das mulleres'.

21.00 h
No Teatro Principal, Talía Teatro estrea 'Demolición' escrita e dirixida por Cándido Pazó dentro do ciclo Teatro&Danza. Con Artur Trillo e Toño Casais.

21.00 h
No Auditorio Novagalicia Banco, concerto dos alumnos da Escola de Altos Estudos Musicais e músicos da Real Filharmonía de Galicia, dirixidos por Maximino Zumalave. Enmarcado dentro dos ciclo A Escola na Cidade e Novas Orquestras.

21.00 h
No Salón Teatro, semifinal 1 de Improfigther 2014, Campionato Galego de Improvisación.

Compartir: