Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 9 de maio

11.00 h
No Hotel Monumento San Francisco, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste ao acto de presentación do cupón da ONCE dedicado ao VIII centenario da peregrinación de San Francisco de Asís a Santiago.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, saúda un grupo de axente de viaxes e turoperadores turcos, de visita na cidade nunha viaxe organizada coa colaboración de Turkish Airlines.

12.10 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, e a deputada Carmen Acuña, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe a directivos de Autónomos de Galicia (AUGA). Declaracións ao remate.

12.30 h
No Salón Verde, a concelleira de Turismo, Emprego e Comercio, Reyes Leis, asina un convenio de colaboración coa Cámara de Comercio para un programa de dinamización e fomento do espírito emprendedor no ámbito educativo.

18.00 h
Na Aula Gastronómica do Mercado de Abastos, Obradoiro de Obento para nenos (de 6 a 12 anos), dentro da Semana de Xapón en Santiago.

20.00 h
Na Sala Mozart do Auditorio de Galicia, Convers@ndo con... Paul Daniel.

20.30 h
Na Zona C, Ut-Tópico Teatro presenta 'Antiheroica' de Vanesa Sotelo, Toni Salgado e Fran Godón. Dirixida por Fran Godón e Vanessa Sotelo está dentro da programación de Teatro&Danza e enmarcada no Bono de Teatro Galego.

21.00 h
No Salón Teatro, aCadaCanto presenta o seu novo disco 'A rosa d'Adina' dentro do ciclo Sons'14.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Daniel dentro do Programa de Abono. Interpretan obras de Sibelius, Chaikovski e Rimski-Korsakov.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Boo Boo Davis dentro do ciclo Blues Nite.

Compartir: