Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 8 de maio

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para presentar o programa gastronómico da Semana de Xapón en Santiago.

12.15 h
No Salón Verde, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe ao presidente da Confederación de Empresarios da Coruña, Antonio Fontenla. (SÓ GRÁFICOS).

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira adxunta da Xunta de Goberno Local, Reyes Leis, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.00 h
No hotel Puerta del Camino, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á presentación do libroda SD Compostela "Los peregrinos del fútbol. 50 años de camino".

20.15 h
No Multiúsos Fontes do Sar, as concelleiras María Castelao e Amelia González asisten ao partido entre o Río Natura Monbus e o Cajasol no que se levará a cabo a terceira campaña de recollida de cueiros organizada pola Área de Servizos Sociais.

20.30 h
Na Zona C, Ut-Tópico Teatro presenta 'Antiheroica' de Vanesa Sotelo, Toni Salgado e Fran Godón. Dirixida por Fran Godón e Vanessa Sotelo está dentro da programación de Teatro&Danza e enmarcada no Bono de Teatro Galego.

21.00 h
No Teatro Principal, La Macana presenta 'No title yet' dirixida por Cristina Verela e Alexis Fernández. Dentro do ciclo de Teatro&Danza.

21.00 h
Na Sala Capitol, concerto de The Dream Syndicate interpretando 'The days of wine and roses' e Laredo, dentro do ciclo Compostela Rock.

Compartir: