Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 7 de maio de 2014

11.00 h
No Salón Verde, sinatura do convenio de colaboración entre o Concello de Santiago e a Escola Superior de Deseño Mestre Mateo para a instalación de esculturas dos alumnos no parque de Belvís. Asiste o alcalde compostelán, Ángel Currás.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Facenda e Orzamentos, Cecilia Sierra, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
No CSCXM do Ensanche, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, participa no curso de Coaching laboral. Ás 18.15 h, tamén no Ensanche, participa no obradoiro de elaboración de xabróns.

20.00 h
Na sala de xunta da Cámara de Comercio (rúa de San Pedro de Mezonzo, 44), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á xuntanza do Foro Cívic empresarial no que se falará sobre a defensa da demarcación xudicial de Santiago.

20.40 h
No salón de actos da Cámara de Comercio (rúa de San Pedro de Mezonzo, 44), a concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez asiste á xuntanza informativa sobre o II Concurso de proxectos de publicidade comercial en galego. Nesta reunión participará tamén Isabel Vila, gañadora da anterior edición.

21.00 h
No Teatro Principal, Teatro do Morcego presenta 'Misterio Cómico' de Dario Fo, dentro da celebración do seu 25 aniversario. Con Celso Parada, dirixida por Júlio Cardoso está dentro da programación de Teatro&Danza e enmarcada no Bono de Teatro Galego.

Compartir: