Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 24 de maio de 2014

10.45 h
Na Fundación Granell, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asiste ao obradoiro "Stop-motion".

11.00 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao Padroado do museo.

11.15 h
No Palacio de Congresos, a concelleira da Área de Servizos Sociais, María Castelao, asiste á inauguración do XVIII Encontro de Voluntariado de Cruz Vermella en Galicia.

A partir das 12.00 h
Na Galería Sargadelos, Campaña de animación lectura. Lectura do Álbum Ilustrado MAMÁ con acompañamento dun grupo de música tradicional da Escola Municipal de Música de Santiago e a posterior interpretación de nanas tradicionais do mundo.

13.00 h
En San Francisco, a concelleira da Área de Servizos Sociais, María Castelao, asiste ao acto da Asociación de Transplantados de Ril. Ás 14.00 h, asiste ao xantar no Monte da Condesa.

18.30 h
No Campus Sur, saída da primera das probas da II edición do CorreSan. Horarios: 18.30 h: benxamín- alevín; 18.45 horas: infantil – cadete; 19.15 horas: xuvenil e superiores.

21.00 h
No Teatro Principal, 'Cinco horas con Mario' de Miguel Delibes dentro do ciclo Teatro&Danza. Con Natalia Millán e dirixida por Josefina Molina.

22.45 h
Na Sala Capitol, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asiste á semifinal de MusicAula.

Compartir: