Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 22 de maio de 2014

9.50 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe os agregados de Defensa nas Embaixadas.

11.00 h
Na Casa do Concello, recepción aos traballadores municipais con motivo da celebración da súa patroa, Santa Rita.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.00 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), Convers@ndo con... Juan Eiras.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave con Thomas Demenga, violoncello e Mireia Pintó, mezzosoprano dentro do Programa de Abono.
21.00 h
No Teatro Principal, Ibuprofeno Teatro presenta 'Pequenos Actos Pseudorevolucionarios' de Santiago Cortegoso dentro de Taetro&Danza. Dirixido por Cortegoso e Marián Bañobre.

21.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Guadalupe Plata + Joao Tomba, dentro do ciclo Blues Nite.

Compartir: