Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 17 de maio

12.00 h
Na rúa do Vilar, concerto especial da Banda Municipal de Música con motivo do Día das Letras Galegas. Estrea da composición inédita de Pascual Veiga "Os Ártabros". Asiste o alcalde compostelán, Ángel Currás.

13.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o alcalde de Pamplona, Enrique Maya, e a dez peregrinos.

18.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto de música tradicional infantil Palitroke, dentro do programa En galego con todas as letras, organizado pola Concellería de Normalización Lingüística.

20.30 h
Na Zona C, Ut-Tópico Teatro presenta 'Antiheroica' de Vanesa Sotelo, Toni Salgado e Fran Godón. Dirixida por Fran Godón e Vanessa Sotelo está dentro da programación de Teatro&Danza e enmarcada no Bono de Teatro Galego.

Compartir: