Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 15 de maio

A partir das 8.30 h
No edificio Cersia, Xornadas formativas para profesionais sobre violencia de xénero, organizadas pola Área de Servizos Sociais do Concello.
VIOLENCIA DE XÉNERO NO ÁMBITO XUDICIAL GALEGO: Ponente: Ana Rodríguez Piorno, xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia nº3 de Santiago.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, e de José Manuel García, da empresa de Santiago Gastrodestinos, para presentar o concurso Tapéate Compostela.

12.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside o acto de entrega dos Premios do Comercio (Santiago Comercio de Cine 2014). Asiste a concelleira de Comercio, Reyes Leis.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

20.30 h
Na Zona C, Ut-Tópico Teatro presenta 'Antiheroica' de Vanesa Sotelo, Toni Salgado e Fran Godón. Dirixida por Fran Godón e Vanessa Sotelo está dentro da programación de Teatro&Danza e enmarcada no Bono de Teatro Galego.

20.30 h
No Salón Teatro, 'Autos da Revoluçao' co Centro Dramático de Évora CENDREV e A Companhía de Teatro do Algarve ACTA, enmarcada no Bono de Teatro Galego.

21.00 h
No Teatro Principal, Cándido Pazó presenta 'Candideces' e Celso Sanmartín 'Os contos non son un conto', dentro do ciclo Falabaratos.

Compartir: