Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 14 de maio de 2014

9.00 h
O alcalde compostelán, xunto coa concelleira de Turismo, Reyes Leis, acompañará á delegación de Tanabe e Wakayama (incluídos os 30 monxes e sacerdotes), facendo un tramo do Camiño de Santiago. Sairán ás 9.00 h da praza do Obradoiro para chegar sobre ás 9.30 h ao punto de partida (paso a nivel da autovía que conecta co aeroporto). Rematan o percorrido a pé, 800 metros, no Colexio de Sabugueira-Lavacolla (aprox. 10.00 h). A continuación desprázanse ata o Monte do Gozo, a carón da estatua do peregrino (aprox. 10.15 h), onde parte dos monxes realizarán un ritual. (Nota: é o mesmo percorrido realizado polo príncipe herdeiro de Xapón, Naruhito, no mes de xuño do ano pasado).

11.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción oficial aos galardoados, patróns e entidades colaboradoras da Fundación Galicia Segura.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, para presentar o programa das Festas da Ascensión.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

21.00 h
No Teatro Principal, Catro Cadeiras presenta 'O Feo' de Marius von Mayenburg dirixida por Juan Carlos Corredoira e enmarcada dentro do ciclo Teatro&Danza.

Semana de Xapón en Santiago
Do 9 ao 23 de maio
Exposición fotográfica 'Noroshi Proyecto-Reconstrucción do Norte do Xapón' polo Ano Dual entre España e Xapón
Lugar: claustro da primeira planta do Pazo de Fonseca.

Compartir: