Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 5 de abril

11.00 h
Na Escola Infantil Kid’s Garden, (avenida das Burgas 6, Campus Sur), concurso Kid’s Master Chef, coa colaboración da Concellería de Educación.

18.00 h
No Estadio Municipal de San Lázaro, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao partido SD Compostela-Real Oviedo.

18.30 h
Na sala Agustín Magán (CSC Santa Marta), a compañía La Incidente DT presenta 'Paseo pola danza' dentro do ciclo Infantil&Familiar.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Banda Sinfónica do Conservatorio Profesional de Santiago dirixida por José Rodríguez Ramos, dentro do ciclo Novas Orquestras.

20.30 h
No Convento de San Francisco, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao Pregón inaugural da Semana Santa a cargo de Monseñor José Rodríguez Carballo.

20.30 h
Na Zona C, Teatro do Noroeste presenta 'A Mamma' de Lino Braxe. Con Luma Gómez e dirixida por Eduardo Alonso está dentro do ciclo Teatro&Danza.

20.30 h
No Salón Teatro, o Centro Dramático Galego presenta 'Longa viaxe cara á noite' de Eugene O'Neill. Dirixida por Manuel Guede e con Gonzalo Uriarte, Luisa Merelas, Marcos Vieites e Alberto Rolán, dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
Na Sala Capitol, concerto de Nach que presenta o seu novo disco 'Los viajes inmóviles' dentro do ciclo Sons'14.

21.00 h
No Teatro Principal, Cristina Montero e Ruth Balbís presentan 'Momento Blooming' dentro do ciclo Teatro&Danza.

Compartir: