Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 28 de abril

10.00 e 12.00 h
No Auditorio de Galicia, a Banda Municipal de Música e Viravolta Títeres presentan 'A frauta máxica' dentro do Programa Didáctico.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, xunto coa presidenta da Asociación galega de Patchwork, Alfonsina Uriburu, e o xerente de Area Central, Juan Carlos Losada, para presentar o Festival de Patchwork, que se celebrará entre o seis e o oito de xuño.

12.30 h
No salón nobre do Colexio de Fonseca, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á investidura como doutor honoris causa de Amable Liñán Martínez.

20.30 h
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste aos IX Premios Galicia de Periodismo Deportivo. Asiste o concelleiro de Deportes, Adrián Varela.

Compartir: