Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 25 de abril

9.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside a Comisión executiva da devandita entidade. SÓ GRÁFICOS. Declaracións aprox. ás 11.30. h

11.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, reúnese con Yui Miyazaki, da oficina de Turismo de Tanabe, que estará un mes traballando en Turismo de Santiago dentro da colaboración entre ambas cidades.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Economía, Reyes Leis, para presentar o programa Santiago Investors Support 2014.

13.45 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa concelleira de Emprego, Reyes Leis, clausura o Foro de Intermediación e Emprego.

17.30 h
No CGAC, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á entrega dos premios do V Certame "Deseña unha xoia para túa nai".

20.00 h
No Auditorio de Galicia, Convers@ndo con... Manuel del Río Quiroga e Pablo Sánchez Quinteiro.

20.00 h
Na Praza do Obradoiro, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste á presentación do Campionato de España de Enduro.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do programa de Abono. Dirixida por Paul Daniel e con Eric Tiberwilliger, trompa; e Raquel Lojendio, soprano.
21.00 h
Na Sala Capitol, Moondogs Blues Party (A Coruña, blues) e Carlos Childe&The Slave Rhythms (A Coruña, blues) dentro do ciclo Blues Nite.

21.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde compostelán, Angel Currás, asiste ao encontro entre o Santiago Futsal e El Pozo Murcia.

22.30 h
No Jazz Club Dado Dada, concerto de Jerry González Trío (Nova York) dentro do ciclo de Jazz 1906.

Compartir: