Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 22 de abril de 2014

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Galería Sargadelos, a concelleira de Educación, María Castelao, inaugura a XIV Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada polo Departamento de Educación, Kalandraka Editora, en colaboración coa Galería Sargadelos.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, para presentar a XXXIII Edición da Feira do Libro Novo de Santiago.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, para presentar a convocatoria do concurso de proxectos de publicidade comercial en galego.

13.00 h
Na Alcaldía, reunión da Xunta de Voceiros sobre a demarcación xudicial.

Compartir: