Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 11 de abril

10.30 h
No Cersia, a concelleira de Educación, María Castelao, visita o xurado do Premio internacional Compostela de Álbums llustrados. SÓ GRÁFICOS.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA de presentación dos actos que, con motivo de ser Patrocinador Oficial do Mundial, organiza Hyundai en Santiago de Compostela, como primeira cidade española na que se levan a cabo. Interveñen:
Terio Carrera, periodista deportivo.
Óscar Fernández, director-xerente de iFer-Grupo Fernández Santiago.
Juanjo Martínez, director de comunicación de Hyundai España.
Adrián Varela, concelleiro de Deportes
José Ramón Lete Lasa, secretario xeral para o Deporte

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio, Reyes Leis, para presentar o programa de locais baleiros.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Francisco Noya, sobre asuntos da súa área.

19.00 h
No Museo das Peregrinacións (rúa de San Miguel, 4), o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura a exposición II Camino di Francesco, fotografías de Steve McCurry.

20.00 h
No CSCX do Ensanche, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, asiste ao ensaio xeral da actividade ¨COMPOSTELA ACTÚA¨.

21.00 h
VIII Festival de Músicas Contemplativas
No Auditorio de Galicia, inauguración do VIII Festival de Músicas Contemplativas cun concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Paul Dombrecht e con Maximino Queizán de narrador. Presentan 'Haydn: As sete últimas palabras de Cristo na cruz'.

Compartir: