Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 10 de abril

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Servizos Básico e Brigada de Vías e Obras, Juan de la Fuente, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
No edificio Cersia, a concelleira María Castelao asiste ás Xornadas formativas para profesionais sobre violencia de xénero, organizadas pola Área de Servizos Sociais do Concello.
MARCO NORMATIVO E LEXISLACIÓN VIXENTE EN MATERIA DE VIOLENCIA DE XÉNERO: contexto e aplicación. Ponentes: Fuencisla Ladrón de Cegama Escudero, Pilar Fernández Pérez e Aránzazu San José González, fiscais de Violencia de Xénero de Santiago de Compostela.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.45 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde compostelan, Ángel Currás, xunto coa concelleira d Educación, María Castelao, recibe o grupo de estudantes do Instituto Sáenz de Buruaga de Mérida, dentro do programa "Aula de Patrimonio" do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España.

19.00 h
No CSCX do Ensanche, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, inaugura a exposición fotográfica do MúsicaXove 2013.

20.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Educación, María Castelao, asiste á presentación da memoria da Cruz Vermella.

21.00 h
No Auditorio Novagalicia Banco, Rafael Álvarez 'El Brujo' presenta 'La Odisea' dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
No Teatro Principal, XII Encontro Universitario de Danza Contemporánea da USC.

Compartir: