Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 8 de marzo

12.00 h
Na Catedral, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste aos actos con motivo do patrón dos Bombeiros. Asiste o concelleiro de Seguridade, Luis Bello.

13.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe os integrantes da Confraría Europea da Vela.

20.30 h
Na Zona C, Inversa Teatro presenta 'Té con Kant' dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
No Teatro Principal, Redrum Producciones presenta 'Curriculum Vitae' dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
No Centro Galego de Arte Contemporánea, concerto de Jabier Muguruza que presenta o seu novo disco 'Beste Hogei' dentro do ciclo íntimo&Acústico

Compartir: