Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 7 de marzo

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde da cidade, Ángel Currás, e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou, para presentar a programación de teatro 2014/Platea.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico 'Imos á Banda!' coa Banda Municipal de Música e a Banda do Conervatorio Profesional. Dentro do programa Didáctico.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, para presentar o programa de actos da Semana Santa. Asiste o presidente da Xunta de Confrarías, Salvador Forján.

19.30 h
No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside o acto de recoñecemento a Charo Barca, María Castro e María Jesús Iglesias con motivo do Día Internacional da Muller. Asiste a concelleira de Benestar Social, María Castelao.

19.30 h
No Centro Sociocultural de Santa Marta, o concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, inaugura a exposición fotográfica producida polo Colexio Público Viaño Pequeno de Trazo que leva por título "A evolución da agricultura e as súa repercusións no patrimonio inmaterial de Trazo", acompañado polo alcalde de Trazo, José Dafonte Varela, e polos responsables do CPI Viaño Pequeno.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto familiar 'Imos á Banda!' coa Banda Municipal de Música e a Banda do Conervatorio Profesional. Dentro do programa Infantil&Familiar.

20.30 h
Na Zona C, Inversa Teatro presenta 'Té con Kant' dentro do ciclo Teatro&Danza.

21.00 h
No Teatro Principal, Redrum Producciones presenta 'Amor flexible' dentro do ciclo Teatro&Danza.

Compartir: