Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 24 de marzo

Martes 25

11.00 h
Na Sala Agustín Magán do Centro Sociocultural de Santa Marta, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar o VII Ciclo de Teatro Comunitario da USC. Estarán por parte da USC, o vicedecano da Facultade de Ciencias da Educación, Jesús Rodriguez, e a directora do grupo de teatro Enlata, Lorena Conde.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás; o secretario xeral de Cultura da Xunta de Galicia, Anxo Lorenzo; a xerente do Consorcio de Santiago, María Antón; e o director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; para presentar o VIII Festival Músicas Contemplativas 2014.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

17.30 h
No Local Social da Peregrina, o concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, asiste á ultima charla ofrecida pola Policía Local dedicadas á seguridade dos peóns das zonas rurais de Compostela, enmarcadas na campaña "Mira que te miren".

Compartir: