Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 16 de marzo

12.30 h
No Teatro Principal, concerto 'Simón descobre o jazz' coa Banda Municipal de Música e Roberto Somoza Jazz Band, dentro do ciclo Infantil&Familiar. Asiste o alcalde compostelán, Ángel Currás.

19.30 h
Na Zona C, 'As mil vidas de Matías Houseman', monólogo teatral tráxico-cómico con Josito Porto dentro do ciclo Falabaratos. De Teatro do Adro con dirección de José Prieto.

20.00 h
No Teatro Principal, concerto de Brad Mehldau Trío dentro do ciclo Jazz 1906.

Compartir: