Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 12 de marzo

10.30 e 12.00 h
No Teatro Principal, 'Don Juan Tenorio' de José Zorrilla dentro do Programa Didáctico.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para presentar os premios Santiago Comercio de Cine 2014.

17.30 h
No CSC do Ensanche, a concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, inaugura a exposiciòn "Iniciación á paisaxe contemporánea", resultado do traballo realizado por un grupo de alumnos do bacharelato artístico do IES de Sar e coa que se pretende unha aproximación ao mundo da paisaxe contemporánea a través da obra de diferentes artistas de renome. Poderase ver ata o 31 de marzo.

Compartir: