Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 6 de decembro

10.00 h
En San Cristóbal de la Laguna (Casa Ossuna), a concelleira María Jesús Sáinz asiste á Asemblea xeral do Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España. Ao remate, rolda de prensa. Coa celebración desta Asemblea en San Cristóbal de la Laguna o Grupo quere sumarse aos actos cos que a cidade canaria está a conmemorar o 15 aniversario da súa declaración como Patrimonio da Humanidade.

12.00 a 14.00 h
No Centro Comercial Compostela (Hipercor) continúan os obradoiros de decoración da "Árbore das ilusións", dentro do programa de Nadal do Concello. De 16.30 a 18.30 h, na Cidade da Cultura.

16.00 h a 21.00 h
No Pazo de Congresos, Diver Nadal.

19.30 h
En San Paio de Antealtares, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á Festividade con motivo de San Nicolás.

Compartir: