Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 31 de decembro

18.00 h
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participa na San Silvestre Santiago, organizada pola Concellería de Deportes. Saída da Porta dos Leóns (Alameda) e chegada á Praza do Obradoiro.

A partir das 23.00 h
Na Praza da Obradoiro, espectáculo pirotécnico e musical con motivo da Festa de Noitevella, organizado pola Concellería de Festas. O acto comezará co reparto do cotillón e das uvas. Actuación musical da orquestra Gran Parada. Retransmisión en directo pola TVG.

Programación de Nadal
Pista xeo de balde
10 a 19.30 h
Mercado da Quintana
11.00 h a 19.00 h
Compostela Gastronómica
Mantén aberto un espazo no Mercado de Nadal da Quintana.
Nadal nos CSC

Compartir: