Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 26 de decembro

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

16.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 28 de novembro de 2014 (núm. 17/14).
2. Aprobación definitiva da modificación puntual dos plans parciais do SUP-2 (Cornes) e SUP-3 (Ponte Pedriña).
3. Proposta da Alcaldía sobre concesión de medalla de ouro da cidade e título de fillo adoptivo a Don Salvador García-Bodaño Zunzunegui.
4. Proposta do concelleiro delegado de mobilidade e seguridade de subministro de vehículos para a policía local mediante renting.
5. Dar conta de acordo da Xunta de Goberno, relativo á designación de membros no Consello de Relacións Veciñais.
6. Dar conta de elevación a definitivo expediente desafectación da vivenda do conserxe anexa ao CEIP Vite I.
7. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
8. Rogos e preguntas.
9. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

18.00 h
No Salón Teatro, o Centro Dramático Galego presenta ‘As laranxas máis laranxas de todas as laranxas’ de Carlos Casares. Dentro do ciclo Infantil&Familiar.

19.00 h
No Teatro Principal, La Trócola Circo presenta ‘Potted’ dentro do ciclo Infantil&Familiar.

Programación de Nadal
Pista xeo
11:00 a 14:00 e de 16:30 a 22:00 horas. Sesión nocturna de 23:00 a 2:00 horas
A fábrica de Agasallos, na Fundación Granell.
17.30 a 19.30h
Mercado da Quintana
11.00 h a 15.00 h e 17.00 a 21.00 h
De 18.00 h a 19.00 h, obradoiro de elaboración de empaquetado creativo de agasallos. Ás 19.30 h, concerto de Mad Martin Trio. Gardería-ludoteca de 11.00 a 14.00 h.
Compostela Gastronómica
Mantén aberto un espazo no Mercado de Nadal da Quintana.
Nadal nos CSC
17.15h LSC Sar Agasallo viaxeio
18h LSC Marrozos Cantamos panxoliñas
18h CSC Sta Marta Construíndo coas nosas mans: Calendario 2015
18h CSC Conxo FESTA fin de ano
18.30h LSC A Rocha Bailes tradicionais e colectivos do mundo
18.30h LSC Villestro Merendola Pre-Findeano
18.45h CSC Conxo Visita do Paxe Real
18.45h LSC Sar Postais de Nadal e Carta aos Reis Magos
19h Lsc Casco Hº Cartas para os Reis
19h LSC Lavacolla Baile moderno de Nadal

Compartir: