Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 20 de decembro

11.00 h a 15.00 h
Celebración do segundo dos Mercados de San Pedro. A praza 8 de Marzo acollerá quince postos de venda nesta iniciativa, organizada polo Concello de Santiago e cofinanciada con fondos europeos FEDER no marco do programa Urbana Santiago Norte.

11. 00 h
No CGAC, a concelleira de Mercados, Reyes Leis, visita o Mercado da Estrela, que se celebra por terceiro ano consecutivo cunha edición única en Santiago de Compostela. As localizacións anfitrionas serán novamente o Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e o Museo do Pobo Galego (MPG) contando ademais cunha carpa para restauración e música denominada Cantina Gourmet. O horario estará comprendido entre as 11h. a 20h. nos espazos interiores dous dous museos. Na Cantina Gourmet, ubicada no corredor que conduce a Bonaval, entre o CGAC e o Museo do Pobo Galego, o horario prolongarase ata as 24h o sábado, e ata as 22h o domingo.

12.00 h a 21.00 h
No Centro Sociocultural e Xuvenil Municipal O Ensanche, torneo de futbolín, organizado pola Concellería de Xuventude e a UMAD.

12.00 h
Na Praza do Toural, o concerto de Nadal, no que participarán unha mostra das diferentes agrupacións da EMM: Orquestra de Corda, Orquestriña e a Banda de Música da EMM que interpretarán diferentes pezas nas que se misturarán os cantos de nadal, con música de cine e repertorio renacentista

20.30 h
No Teatro Principal, concerto de Ángeles Blancas, soprano, e Giovanni Auletta, pianista, que presentan ‘Versións de muller: canción e cabaret’ dentro do ciclo Todo Lírica.

21.00 h
No Auditorio Abanca, concerto 25º aniversario de Treixadura dentro do ciclo Sons’14. Asiste a concelleira de Cultura, María Antón.

Compostela gastronómica
Mantén aberto un espazo no Mercado de Nadal da Quintana.
Na Aula Gastronómica da Praza de Abastos, obradoiros de cociña para nenos de 6
a 12 anos.
11.30 a 13 h: Galletas de xenxibre.
17 a 18.30 h: Carbón de Reis.
De 11.00 a 15.00 e de 17.00 a 21.00 h
Na Praza da Quintana, Mercado da Quintana organizado polo Concello de Santiago e Turismo de Galicia. De 18.00 a 19.00 h, obradoiro de canción tradicional. Ás 20.30 h, concerto de Resaka Brothers. De 11.00 h a 14.00 h, gardería-ludoteca.
De 11.00 a 14.00 e de 16.30 a 22.00 horas
Na Alameda, pista de xeo. Sesións nocturnas os venres, sábados e vésperas de festivo de 23:00 a 2:00 horas.
16.00 a 18.00 h
Na praza Roxa, obradoiro de decoración da Árbore das Ilusións. Tamén no CSC do Ensanche de 12.00 h a 13.00 h
Nadal nos CSC
17h LSC Lavacolla Baile moderno de Nadal
12 a 13.30h Csc O Ensanche Obradoiro de adornos para a arbore das ilusións da Praza Roxa
18.30h CSC Fontiñas Agasallo viaxeiro
12h LSC Marrozos As cartas do burro
12h CSC Fontiñas medrando coa música
18.30h Csc das Fontiñas Agasallo viaxeiro
17h LSC San Lourenzo Agasallo viaxeiro
17.30h CSC Conxo Saída de nadal
17.30h CSC Vite Sesión Imos ao baile co grupo Solymar
11h LSC Nemenzo Agasallo viaxeiro
17.30h LSC Sta Cristina de Fecha Arreglos florais navideños
11h Lcs Cancelas Agasallo viaxeiro
19h CSC Sta Marta DesastRosas, ARTías Teatro

Compartir: