Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 9 de outubro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, Teresa Gutiérrez, sobre asuntos da súa área.

20.00 h
No edificio Quercus (Club Financiero Santiago - Salgueiriños de Abaixo, 9, baixo), No edificio Quercus (Club Financiero Santiago - Salgueiriños de Abaixo, 9, baixo), a concelleira de Economía, Reyes Leis, preside a entrega da I edición do premio Emprende-Innova.

20.00 h
No Csc do Ensanche, faladoiro conducido pola profesora titular de USC e investigadora nas relacións entre ficción televisiva e cinematográfica, Patricia Fra, coa temática: Cine ou TV? Series de culto e o seu impacto na sociedade, dentro do programa Compostela Cine Classics.

20.30 h
No Salón Teatro, Voadora presenta 'A Tempestade' de William Shakespeare. É un espectáculo enmarcado dentro do Bono de Teatro Galego.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Sinfónica de Galicia dirixida por Diego García Rodríguez. Dentro do Programa de Abono e das Xornadas de Música Contemporánea.

Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto
Varias horas. Programación completa en www.curtocircuito.org

Compartir: