Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 8 de outubro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón; o director de Curtocircuíto, Pela del Álamo, e o cineasta canadense Mike Hoolboom para presentar a retrospectiva e a clase maxistral que dará dentro do festival Hoolboom, referencia absoluta do cinema de vangarda.

12.00 h
Na Casa do Concello (Salón Verde), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asina un convenio de colaboración co director do Instituto Galego de Vivenda e Solo, Heriberto García. SÓ GRÁFICOS. Declaracións ao remate.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para presentar a exposición canina organizada pola Sociedade Canina Galega, que se celebrará os días 11 e 12 en Amio.

Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto
Varias horas. Programación completa en www.curtocircuito.org

Compartir: