Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 4 de outubro

10.45 h
Nas instalacións de atletismo da Universidade de Santiago no Campus Sur, a concelleira de Deportes, María Corral, inaugura os XV Xogos de Atletismo Special Olympics Galicia. Ás 19.00 h, asiste á clausura o concelleiro de Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete.

12.00 h
No aparcadoiro do campo de fútbol de San Lázaro, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participa na Xornada informativa sobre novas adaptacións para vehículos de persoas con mobilidade reducida, organizada por COGAMI.

12.30 h
No CSCXM do Ensanche, a concelleira de Deportes, María Corral, asiste á presentación do equipo de fútbol americano.

12.00 h e 18.00 h
No Museo das Peregrinacións e de Santiago, comezan os obradoiros didácticos para que os nenos de 6 a 12 anos coñezan mellor a cidade e a súa historia

17.00 h
No CIAC (Belvís), con motivo do "Día das Aves" dará comezo o ciclo de relatorios divulgativos e exposicións "Biodiversidade na Cidade" da man do biólogo e experto ornitólogo Xabier Váxquez Pumariño co relatorio "As Aves en Santiago de Compostela". A continuación, observación de paxaros pola contorna do CIAC.

17.00 a 20.00 h
No CSCMX do Ensanche, comezan os castings de Compostela Actúa.

19.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao partido do Obradoiro.

20.00 h
No Auditorio de Galicia, a concelleira María Antón asiste ao acto de clausura do Día mundial da parálise cerebral, organizado por ASPACE Galicia.

20.30 h
No Salón Teatro, Voadora presenta 'A Tempestade' de William Shakespeare. É un espectáculo enmarcado dentro do Bono de Teatro Galego. Asiste a concelleira María Jesús Sáinz.

Xornadas de Música Contemporánea: 'unha xornada contemporánea, aperitivo minimalista e unha velada cas vangardas'
13.00h Na Praza das Pratarías e o Museo da Cidade, Ensemble Ixor presenta 'Piano X-perience' con música de Terry Riley.
18.30h No Centro Galego de Arte Contemporánea, Ensemble Ixor presenta 'Escenas_combinacións para saxofóns, piano e electrónica' con música de François Rossé, Iago Hermo, Pierre Jodlowski, Germán Alonso e Karlheinz Stockausen.
20.00h No Centro Galego de Arte Contemporánea, concerto da pianista Elisa Vázquez Doval que presenta 'Asia contemporánea, China_Xapon_Corea' cun programa de Chou Wen-Chung, Joji Yuasa, Younghi Pagh-Paan, Toru Takemitsu, Jo Kondo e Maki Ishii.
21.30h Na Praza das Pratarías, Casa do cabido e Museo da Cidade, concerto con Pablo Coello, Alejandro Vargas, Zoar Ensemble, Pablo Seoane, Bleuenn Le Friec, Elisa Vázquez Doval, TAC Taller Atlántico Contemporáneo, Diego García Rodríguez, Nicasio Gradaille, Luis Soto, José Vicente Faus e Vertixe Sonora Ensemble con improvisacións e obras de diversos autores.

XIX Festival Internacional de Títeres, Galicreques
12.00h Na Praza do Toural, 'El Investagotopo' con Chachakun.
13.00h No Teatro Principal, Txotxonguillo Taldea presenta '¿Por qué vive en el bosque la abuela de caperucita?'.
18.00h Na Fundación SGAE, Teatro La Estrella presenta 'Los músicos de Bremen'.
18.00h Na Praza Roxa, A Illa dos Nenos presenta 'Ledicias'.
18.30h Na Praza do Toural, 'Mi amor es un colador' con Títeres Barrilete.
19.00h Na Praza de San Martiño Pinario, Panta Rhei presenta 'Astokillo'.
19.30h Na Regadeira de Adela, varias funcións de microteatro 'Especial Julio Cortázar'.
20.30h No Teatro Principal, Gala Benéfica de variedades 'Galicreques con Gaza'.

Compartir: