Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 25 de outubro

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe o ministro de Recursos Humanos de Hungría, Zoltan Balog. (SÓ GRÁFICOS).

12.00 a 13.30 h
Roteiro interpretativo polas Brañas do Sar para descubrir os seus valores naturais, os usos tradicionais que mantén e outros segredos que garda...A actividade é de balde pero é preciso inscribirse. Organizado polo Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC- Belvís).

17.30 h
No CSC da Rocha, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao recital poético do libro "O Castelo da Rocha Forte", editado pola Asociación Cultural con motivo do seu XV Aniversario e posterior magosto.

17.30 h
No Salón de Actos da Facultade de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela, a concelleira Marta González asiste ao acto de clausura do III Foro de Familias de Persoas con Dano Cerebral Adquirido.

21.00 h
En diferentes lugares da cidade (Praza da Quintana, Teatro Principal, Salón Teatro, Sala Capitol e Auditorio Abanca), concertos do WOMEX 2014.

Compartir: