Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 24 de outubro

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, xunto coa deputada Paloma Rodríguez Vázquez, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Cidade Cultura, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, realiza un percorrido polas instalacións de Womex 2014.

18.00 h
Na Sala Eisenman (Cidade da Cultura), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á cerimonia protocolaria de transmisión do Womex a Budapest, cidade na que se celebrará o vindeiro ano.

20.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe os decanos das facultades de matemáticas de España.

20.00 h
No CSC da Rocha, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, María Antón, inaugura a Semana Cultural da Rocha e a exposición "As fotos máis antigas de Galicia, Santiago 1958".

20.30 h
Na sala Agustín Magán do centro sociocultural de Santa Marta, proxección da película "A invasión dos ladróns de corpos" dirixida por Don Siegel (1956), 80´. Presentación e cinneforum a cargo de José Luis Losa (director de Cineuropa). Entrada libre ata completar a capacidade da sala. Dentro de Compostela Cine Classics.

21.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe a directiva e os ponentes do VIII Congreso internacional de Psicoloxía xurídica e forense.

21.00 h
En diferentes lugares da cidade (Praza da Quintana, Teatro Principal, Salón Teatro, Sala Capitol e Auditorio Abanca), concertos do WOMEX 2014.

Compartir: