Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 19 de outubro

12.15 h
No Multiúsos Fontes do Sar, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, xunto coa concelleira de Deportes, María Corral, asiste ao partido entre o Río Natura Monbús Obradoiro e o Gipuzkoa Basket.

17.00 h
No Estadio de San Lázaro, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao partido SD Compostela-Lealtad.

17.30 h
Na sala Mozart do Auditorio de Galicia, VIII Gala da Diversidade organizada pola Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia, ABAGAL. O acto ten un prezo solidario de 6 euros.

12.30 e 17.30 h
No Centro Galego de Arte Contemporáneo, concerto da CactusWorkestra dentro de AdesTempo, o programa didáctico, infantil, xuvenil e familiar das Xornadas de Música Contemporánea.

12.30 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música que presenta 'Wind Band' dirixida por Juan Miguel Romero LLopis, dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

18.00 h a 21.00 h
No Multiusos Fontes do Sar, MARATÓN DEPORTIVO SOLIDARIO "PINK POWER" con motivo do Día contra o cancro de mama. Asiste a concelleira de Deportes, María Corral. O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ás 19.30 h.

20.00 h
No Teatro Principal, concerto de Yul Ballesteros Cuarteto dentro do ciclo Sons'14 Jazz.

Compartir: