Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 18 de outubro

9.30 h
Dentro das Xornadas micóloxicas organizadas no CSC de Conxo, ROTEIRO MICOLÓXICO AO PEDROSO. Recollida de cogomelos para o seu estudo e exposición. Imparte José María Costa Lago
EXPOSICIÓN, IDENTIFICACIÓN E ESTUDO DOS COGOMELOS
PASE DE DIAPOSITIVAS: "COGOMELOS 2014"
Saída do Centro Sociocultural de Conxo

11.00 h
No Museo do Pobo Galego, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asisten ao acto de descubrimento da placa conmemorativa do 150 aniversario da fundación do primeiro colexio de persoas xordas de Galicia

11.00 h
En Afundación (rúa do Vilar), a concelleira de Cultura, María Antón, inaugura o segundo Outlet do Libro Galego.

12.00 h
No parque de Vista Alegre, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á inauguración do Museo de Historia Natural da USC.

12.30, 17.30 e 19.00 h
No Centro Galego de Arte Contemporáneo, concerto da CactusWorkestra dentro de AdesTempo, o programa didáctico, infantil, xuvenil e familiar das Xornadas de Música Contemporánea.

De 17.00 a 18.30 h
No Centro de Interpretación Ambiental de Compostela (CIAC), en Belvís, Obradoiro sobre Sistemas Participativos de Garantía (SPG). Os SPG son modelos de certificación ecolóxica alternativos á certificación oficial. A actividade é de balde pero é preciso inscribirse.

19.00 h
Na sala Agustín Magán do do centro sociocultural de Santa Marta, primeiro dos concertos do apartado Cine Classics Música, "A maxia da música no cine" a cargo do guitarrista Quique Azambuya e o seu invitado especial Harry. Un concerto de músicas de cine para escoitar e lembrar momentos especiais. Entrada libre ata completar a capacidade da sala.

20.30 h
No Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia), concerto do Wiener Klavertrio que presentan 'Tendencias XXI: Austria_España' dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

21.00 h
No Teatro Principal, a compañía Los Lunes presenta 'Wild Wild Wilde' de José Ramón Fernández sobre textos de Óscar Wilde, dirixida pola compostelá Fefa Noia dentro do programa de Teatro&Danza.

Compartir: