Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 16 de outubro

10.30 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asina un convenio de colaboración cun consorcio de empresas locais de I+D+i para a redución de emisións de CO2 no marco do proxecto Zero Emissions Cities (ZEC). (SÓ GRÁFICOS).

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
No hotel NH Collection (Avenida do Burgo das Nacións, s/n), a concelleira de Cultura, María Antón, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación da segunda Feira de Arte Contemporánea, Cuarto Público. Na rolda participan tamén o secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo; o director do hotel, Esteban Iglesias; e as directoras da feira, Patricia Amil, Paula Cabaleiro e Xulia Santiso.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista Marta Álvarez-Santullano sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Salón Vermello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe un grupo de integrantes do programa Comenius, no que participa o IES Xelmírez I. O grupo está formado por 60 persoas (20 alumnos e 13 profesores estranxeiros de 6 países europeos, 21 alumnos e 6 profesores do IES Xelmírez). Declaracións ao remate.

12.00 h
Na praza de Abastos, a concelleira de Mercados, Reyes Leis, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da VIII Gala da Diversidade organizada por ABAGAL (Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia). Na rolda tamén estará Dora Sarmiento, presidenta de ABAGAL; Mª Flora Cajide, cofundadora de ABAGAL e Adán Iglesias, traballador social da asociación.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Anton; Xosé Aldea, vicepresidente da Asociación Galega de Editores; e Antón Pedreira, da Libraría Pedreira, para presentar o Outlet do Libro Galego.

20.00 h
Na Fundación Torrente Ballester, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, inaugura a exposición "GTB fotógrafo. Realidade e ficción".

20.00 h
Na igrexa conventual de Santa Clara xornada de portas abertas para coñecer as monteas descubertas no chan do templo. O historiador Miguel Taín, que está a estudar o achado, explicará o seu valor e acompañará aos asistentes nun percorrido polo conxunto

20.30 h
No Paraninfo da Universidade (Facultade de Xeografía e Historia), concerto do Cuarteto Vogler con Zandra McMaser e Miachael McHalle que presentan 'Cantigas e outras fontes de inspiración' dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

20.30 h
No Salón Teatro, Voadora' presenta 'A tempestade' de William Shakespeare dirixida por Marta Pazos. Dentro do Bono de Teatro Galego.

Compartir: