Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 11 de outubro

11.00 h
No Multiúsos Fontes de Sar, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao encontro da Liga de Superdivisión masculina de tenis de mesa Arteal Santiago-Oroso TM

11.00 h
Na praza de Cervantes, a concelleira de Normalización Lingüística, María Corral, participa na Foliada das Letras, organizada dentro da campaña gañadora do II Premio de proxectos de publicidade comercial en galego do Concello de Santiago.

12.00 e 18.00 h
No Museo das Peregrinacións, obradoiro para nenos de construción de instrumentos musicais.

12.30 h
Na Aula Gastrocultural da Praza de Abastos, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á presentación oficial das Feiras das San Lucas 2014 de Mondoñedo.

14.00 h
Na sala Mozart do Auditorio de Galicia, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, clausura a Xornada de portas abertas sobre a enfermidade celíaca e o etiquetado dos produtos sen glute.

18.30 h
No CGAC, Trio Arbós presenta 'George's Odyssey, unha introducción á música de vangarda' dentro do ciclo Infantil&Familiar e as Xornadas de Música Contemporánea.

19.30 h
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participa na sétima proba do circuíto de carreiras saudables Corresan. Cidade da Cultura.

20.00 h
No Teatro Principal, Gala de clausura do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto. Asiste a concelleira de Cultura, María Antón.

20.00 h
Na praza do Obradoiro, a concelleira Marta González asiste ao acto no que se iluminará de rosa a Catedral con motivo do Día Internacional da Nena.

20.30 h
No Salón Teatro, Voadora presenta 'A Tempestade' de William Shakespeare. É un espectáculo enmarcado dentro do Bono de Teatro Galego.

Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto
Varias horas. Programación completa en www.curtocircuito.org

Compartir: