Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 1 de outubro

10.00 h
No parque empresarial Costa Vella (rúa de Amio, 128), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visita as instalacións de Coremain. (SÓ GRÁFICOS).

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, para presentar o libro "Buen Camino", de José Pedro García. Ás 19.00 h, presentación ao público na Librería Couceiro (praza de Cervantes).

11.45 h
No Salón Reitoral da Universidade de Santiago (Pazo de San Xerome), a concelleira de Cultura, María Antón, asiste á presentación do libro "Víctor Said Armesto. Una vida de romance", de Carlos Villanueva, catedrático de Historia da Música na USC.

12.00 h
No salón de actos do Colexio Maior San Agustín, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participa nos actos de celebración do Día do Maior. Realizará declaracións antes do inicio deste acto.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, María Corral, para presentar os XV Xogos de Atletismo Special Olympics Galicia, que se celebrarán este sábado. Na rolda tamén estará Eladio Fernández, presidente de Special Olympics; Javier García, xerente de Aspas, e un dos participantes.

13.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, María Corral, para presentar a XIII CAMIÑADA AO PEDROSO, EN PROL DE UNICEF. Estará presente o presidente da sección de Montaña do Club Deportivo Fontiñas, Iñaki Bilbao.

19.00 h
Na Sala Isaac Díaz Pardo do Auditorio de Galicia, o alcalde da cidade, Agustín Hernández, inaugura a exposición 'Xulio Maside'.

20.00 h
No salón de usos múltiples do edificio CINC (Cidade da Cultura), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participa na presentación oficial do Río Natura Monbus Obradoiro.

21.30 h
Na Zona C, presentación do Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto.

XIX Festival Internacional de Títeres, Galicreques
20.30h No Teatro Principal, 'La Isla del tesoro' con Teatro Arbole.
18.30h Na Praza do Toural, A Illa dos nenos presenta 'Ledicias'.
19.30h Na Regadeira de Adela, varias funcións de microteatro 'Especial Julio Cortázar'.

Compartir: