Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 16 de febreiro

11.30 h
Na Pousada de Santa Luzia (Viana do Castelo), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste á Asemblea Xeral do Eixo Atlántico, coincidindo cos 20 anos da constitución do Eixo nesa mesma cidade. Ás 13.30 hora española, celebrarase unha rolda de prensa para dar conta dos asuntos tratados.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No Teatro Principal, o concelleiro de Participación Cidadá, Francisco Noya, presenta o MECO DO ANTROIDO 2012.

16.15 h
Na Escola Infantil Municipal das Fontiñas, o alcalde de Santiago de Compostela, Xerardo Conde Roa, e o concelleiro de Educación, Ángel Currás Fernández, participan na Festa Medieval organizada con motivo do Antroido 2012.

20.30 h
Na Zona "C", 'Mujer muerta caminando' dirixida por Carlos Álvarez-Ossorio.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Juanjo Mena. Stephan Schilli, óboe.
21.00 h
No Teatro Principal, Aline Frazao inaugura o ciclo 'Íntimo&Acústico' presentando o seu novo disco 'Clave Bantú'
Antroido nos Centros Socioculturais
18:00 Lsc Cancelas Obradoiro, Preparamos o Entroido. interxeracional
17:00 a 19:00 Lsc Laraño, obradoiro informática Insertar imaxes de Entroido
17:30 Lsc Sar, obradoiro maquillaxe de entroido. Nenos/as
17:30 Lsc Pontepedriña, obradoiro obradoiro de máscaras. Nenos/as
18:00 Csc. Vite, obradoiro Facemos o disfrace. Todos os públicos
18:00 Lsc a Gracia, obradoiro Facemos mácaras de Entroido. Todos os públicos
18:00 Lsc A Gracia, obradoiro Maquillaxe de entroido. Nenos/as
18:00 Lsc Peregrina, obradoiro "Preparación de disfraces comparsa Entroido"
18,00 a 19,00 Lsca de Laraño, obradoiro Facemos máscaras de Entroido. Nenos de 6 a 12 anos
18:30 Csc O Ensanche, Obradoiro de Caretas e disfraces. todos os públicos, pref adultos
18:00 Lsc da Rocha obradoiro, Obradoiro de repostería da Rocha. Todos os públicos
18:30 Lsc da Rocha obradoiro, maquillaxe de entroido. Todos os públicos
18,30 a 20,00 Lsc de Villestro, obradoiro Decorando o local polo entroido. Nenos/as
18:45 Csc Castiñeiriño, obradoiro Máscaras.Nenos/as
18:00 Csc a Trisca, obradoiro Obradoiro de caretas. Nenos/as
20:00 a-21:00 Lsc Casa Agraria, obradoiro informática Insertar imaxes de Entroido

Compartir: