Previsións informativas para o martes 16 de decembro
11.30 h.
En Segovia (Casa de la Química, Alcázar), a concelleira de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, asiste ao simulacro de incencio que se realizará no Alcázar de Segovia, actuación organizada polo Grupo de Cidades Patrimonio da Humanidade de España e o Ministerio de Cultura.
11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, para presentar o catálogo de "Regalar custa pouco" e a memoria-revista de programas e servizos que ofrece a concellaría.
12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar a xornada de sensibilización "Stop ao tráfico de nenos e nenas", organizada pola ONG Terra de Homes e na que colabora o Concello.
12.30 h.
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Elvira Cienfuegos, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.
19.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á Asociación Cultural Rocha Forte.
20.00 h.
No Club Internacional de Prensa, a concelleira de Benestar Social, Mar Martín, asiste ao acto conmemorativo do 50 aniversario da Revolución Cubana.
20.00 h.
No Teatro Principal, a concelleira de Cultura, Elvira Cienfuegos, e o concelleiro de Xuventude, Xosé Baqueiro, asisten á Gala final do certame galego de Creadores novos GZ Crea 2008, da Dirección Xeral de Xuventude da Vicepresidencia da Xunta de Galicia.