Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o luns 26 de xuño
NOTA: enviarase nota cos asuntos da Xunta de Goberno local.
12.45 h
Na Alcaldía, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, reúnese coa presidenta do Consello da Cultura Galega, Rosario Álvarez. Gráficos e declaracións ás 12.45 h.
17.15 h
No Multiúsos Fontes do Sar, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, participa na presentación do Campionato de Europa U20 de loitas olímpicas. Tamén asiste a concelleira de Deportes, Pilar Lueiro.
Compostela Diversa
20.00-21.30
• O GABINETE - Rúa Ponte de Sar, 8
• CONVERSA "Festa, corpos e política"