Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 24 de agosto

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Igualdade, Marta Lois, para presentar unha campaña de promoción da linguaxe non sexista.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, acompañado pola concelleira de Turismo, Marta Lois, a vicepresidenta da Deputación da Coruña, Goretti Sanmartín, e o ilustrador Miguelanxo Prado, para presentar o I Encontro de Cadernos de Viaxe "Santiago, Cidade Ilustrada".

VERÁN EN VERDE
PERCORRER
19.30 h Con saída desde a praza de Mazarelos, Ruta Literaria. Necesaria inscrición previa en roteiros@maos.gal ata as 14.00 h do mesmo día.

FEITO A MAN
13.30 h PRAZA DE CERVANTES: Sesión vermú...DJs
19.30 h Rúa das Orfas: PABLO SEOANE TRÍO (Jazz/piano+2 contrabaixos)
21.00 h PRAZA DE CERVANTES: AGORAPHOBIA (Rock) + KOKOMO (Rock/ Francia)

Compartir: