Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 7 de xullo

9.00 h
Na Casa de Estudos Avanzados da USC (parque de Vista Alegre, rúa das Salvadas), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á inauguración da audiencia pública do Comité Económico e Social Europeo para a promoción das empresas europeas innovadoras e de rápido crecemento.

11.00 h
Na Praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega, recibe os participantes na I Peregrinación da Antártida a Santiago de Compostela.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e da concelleira de Turismo, Marta Lois, para presentar as Festas do Apóstolo.

19.00 h
Na Fundación Eugenio Granell, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, inaugura a exposición "80 anos. Santiago 1936".

20.00 h
Na Praza das Praterías, concerto da Banda Municipal de Música: ‘O lago dos cisnes’. Dirixida por Casiano Mouriño Maquieira.

VERÁN EN VERDE

VER
19.00 h No parque de Vista Alegre, Raquel Queizás presenta ‘O segredo do tendal’, dentro do programa Cultura no Camiño da AGADIC.
PERCORRER
11.00 h Con saída dende a Carballeira de San Lourenzo, ruta natural polo Río Sarela. Necesaria insrición previa.

Compartir: