Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 28 de xullo

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras Branca Novoneyra e Concha Fernández e dos membros do coro Saint Luc Banabakintu, para presentar o concerto que darán ás 13.00 horas na praza da Quintana, dentro das Festas do Apóstolo. Na rolda tamén estará Desiré Kouakou Tanoh, presidente da ONG Égueire,

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o Día do Traxe Galego, dentro das Festas do Apóstolo. Na rolda tamén estará Pilar Astray, presidenta da Asociación do Traxe Galego, e Ángel Quijada, xefe de Operacións de El Corte Inglés.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deporte, Rafael Peña, para presentar a primeira carreira do V Circuíto de Carreiras Saudables CorreSan, que terá lugar en Angrois. Na rolda tamén estará un representante da Federación Galega de Atletismo.

12.00 h
Na Deputación da Coruña, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de homenaxe aos cargos municipais asasinados no 36.

19.30 h
No Centro Sociocultural e Xuvenil O Ensanche, ASEMBLEA dos Orzamentos Participativos: identificación de necesidades para facer propostas de investimentos. Aberta a toda a cidadanía. (Recollida de material: 19.30 h. Asemblea: 20-21.30 h)

VERÁN EN VERDE

PERCORRER
11.00 h Con saída desde o parque infantil de Galeras, ruta natural polos parques forestais do Pedroso. Necesaria inscrición previa no 661 406 965.

FESTAS DO APÓSTOLO 2016

20.00 h
Concerto BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA e grupo tradicional
TEQUEXETELDERE
Casiano Mouriño Maquieira, director
Praza das Praterías

21.00 h
Concerto: REAL FILHARMONÍA DE GALICIA
P. I. Chaikovski, Polonesa. Eugene Onegin
E. Chabrier, Fête Polonaise
P.I. Chaikovski, Sinfonía nº 4
Dirixe Paul Daniel
Praza da Quintana. Entrada libre previa recollida nas billeteiras do Teatro
Principal

Compartir: