Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 14 de xullo

11.00 h
Na Zona "C", 'Curadoría petit-crítica', actividade de mediación da intervención ‘As rúas contan que’.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o embaixador de Irán, Mohammad H. Fadaifard. (SÓ GRÁFICOS).

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, para presentar o concerto homenaxe a Los Tamara e outros clásicos galegos que ofrecerá a Banda Municipal de Música o domingo 17 dentro do programa das Festas do Apóstolo. Na rolda tamén estará o director da Banda, Casiano Mouriño, Rosa Cedrón e Paco Lodeiro, dous dos cantantes solistas.

16.00 h
Na Zona "C", visita guiada á intervención ‘As rúas contan que’, en inglés.

18.00 h
Na Biblioteca da Cidade da Cultura, a primeira tenente de alcalde, María Rozas, asiste á inauguración da exposición "Rostros do país", de Xurxo Lobato.

20.00 h
Na Praza das Pratarías, concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño. Interpretan, entre outras, ‘Impresiones Gallegas’ de Enrique Saavedra Castro.

VERÁN EN VERDE

VER
19.00 h No parque de Galeras, o Mago Richard presenta ‘Maxia en estado puro', enmarcada dentro de Cultura no Camiño da AGADIC.

PERCORRER
11.00 h Con saída dende o parque infantil de Galeras, ruta natural polo Río Corgo. Necesaria inscrición no 661 406 965.

Compartir: