Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 9 de xuño

11.30 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, visita as dúas tendas (Nikis Galicia Style, no Preguntoiro, e QueroTé, na rúa de San Pedro) de onde son as imaxes gañadoras do concurso #fotolingua 2016. En cada unha, fará entrega do premio ás concursantes gañadoras. Punto de encontro: Nikis Style (rúa do Preguntoiro, 26).

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, para presentar DispoApp, unha ferramenta electrónica para a xestión de reservas de última hora en Santiago.

13.00 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de presentación do depósito do arquivo da Real Sociedade Económica de Amigos do País de Santiago no Arquivo de Galicia (Cidade da Cultura).

18.00 h
No Hotel AC Palacio del Carmen, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de presentación da Ruta do peregrino por mar "Navega o Camiño".

20.00 h
Na Praza das Praterías, concerto da Banda Municipal de Música, dirixida por Casiano Mouriño.

20.00 h
Na Zona "C", coloquio ‘A salto de mata’ coa escritora e fotógrafa Mireia Sentís, que na actualidade dirixe a BAAM, Biblioteca Afroamericana de Madrid.

Compartir: