Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 4 de xuño

11.30 h
Na Galería Sargadelos, terceiro taller "Xoga e aprende con enerxía!" a cargo de Marta Gómez, arquitecta experta en enerxía da arquitectura. Este taller esta dirixido a nenos/as entre os 9 e 12 anos onde a través de divertidos xogos aprenderán a aforrar enerxía e a concienciarse na mellora dos espazos nos que habitan de xeito cotiá.

12.30 h
No parque Eugenio Granell, concerto da Real Filharmonía de Galicia en ‘Descubre unha orquestra para ti, a túa!’. Interpretan obra de O. Vázquez.

13.30 h
En San Martiño Pinario, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á festa "50 anos aló", organizada pola Asociación Cultural San Martño Pinario.

14.30 h
No Palacio de Congresos, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, clausura o III Congreso de Psicoloxía Profesional de Galicia "Camiños da Psicoloxía".

20.00 h
En San Martiño Pinario, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Casiano Mouriño Maquieira.

20.45 h
En Área Central, o concelleiro Jorge Duarte participa na entrega de trofeos do 2ª Día do Deporte Solidario.

Compartir: