Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 25 de xuño

FESTAS DE SAN XOÁN

12h-15:30h Apertura do mercado tradicional de San Xoán e do espazo gastronómico Área Asardiñada. Demostración da elaboración de cestos polos veciños de Touro. Praza de Mazarelos.

12:00h-15h Elaboración de coroas de flores a cargo de Cosmogonía. Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de material. Praza de Mazarelos.

13h-13:45h Contada tradicional a cargo de Soledad Felloza. Praza de Mazarelos.

15:30h -17:30h Peche para pausa mediodía.
17:30h-23:30h Apertura do mercado tradicional de San Xoán, do espazo de botánica coordinado polo CIAC e da zona gastronómica Área Asardiñada. Praza de Mazarelos.

17:30h -19h. Obradoiro de cesteiría da man de Carmen Recimil. Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo. Praza de Mazarelos.

19:30h -20:30h Obradoiro de colocación de pano tradicional da man de Melania Freire. Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo. Praza de Mazarelos.

21:30h- 22h Pasarrúas musical: Do Fondo do Peto. Cidade Histórica.

22h-23h Actuación musical: Do Fondo do Peto. Praza de Mazarelos.

23h-23:30h Conxuro con degustación de queimada colectiva. Praza de Mazarelos.

Máis actividades de San Xoán nos barrios de Compostela

Compartir: