Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 23 de xuño

10.15 h
No Hotel AC Palacio del Carmen, almorzo informativo do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA das concelleiras de Políticas Sociais, e de Desenvolvemento Económico, Concha Fernández e Marta Lois, para presentar o programa Compostela Móvese.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro-secretario da Xunta de goberno local, Xan Duro, para dar conta dos asuntos tratados na última sesión.

12.00 h
No Cersia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á clausura do XXV Aniversario da Fundación 10 de marzo.

19.00 h
Na praza de Mazarelos, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, participa no obradoiro-buffet libre para a elaboración de ramiños de San Xoán e de vasoiras de xesta coordinada polo CIAC.

19.30 h
Os concelleiros Xan Duro e Marta Lois soben ao Tren Cacharelo que, dinamizado con música ao vivo, percorrerá os distintos barrios da cidade que celebran cacharelas de San Xoán. Saída do CGAC.

20.00 h
Na Praza das Praterías, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Casiano Mouriño.

FESTAS DE SAN XOÁN

XOVES DÍA 23 (NOITE DE SAN XOÁN)

Toda a xornada: Roteiro libre polas fontes de Compostela para facer o 'facho' e polas zonas verdes da cidade para apañar as herbas máxicas de San Xoán.

17h.-18:30h Obradoiro-Roteiro guiado para a recollida de herbas de San Xoán organizado polo CIAC. Realizaráse un pase en galego e outro en castelán. Ambos con saída do CIAC e coa Praza de Mazarelos como punto de finalización. Actividade dirixida a todos os públicos e suxeita a aforo e dispoñibilidade. De balde previa inscrición no teléfono 981543145.

17:30h-23:30h Apertura do mercado tradicional, e do espazo gastronómico Área Asardiñada. Praza de Mazarelos.

19h-20:30h. Obradoiro-buffet libre para a elaboración de ramiños de San Xoán e de vasoiras de xesta coordinada polo CIAC. Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de material. Praza de Mazarelos.

19.30h-24.30h: Circulación do Tren Cacharelo dinamizado con música ao vivo polos distintos barrios da cidade que celebran cacharelas de San Xoán. Saídas ás horas e media dende o CGAC con paradas en Avda. Castelao (19.40-20.40- 21.40-22.40- 23.40), Burgo das Nacións (19.45-20.45- 21.45-22.45- 23.45), Carballeira de San Lourenzo (19.55-20.55- 21.55-22.55- 23.55), e Avda. Xoan Carlos I (20.05-21.05-22.05-23.05-24.05). Horarios estimados, excepto os da parada principal (CGAC). Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade.

21h-22h. Obradoiro de iniciación ao baile tradicional (muiñeira e rodas) con música ao vivo da man de Pesdelán. Actividade de balde e suxeita a aforo e dispoñibilidade de espazo. Praza de Mazarelos.

22h-23h. Música para o baile na Praza de Mazarelos.

23:30h. Peche do mercado tradicional de San Xoán e do espazo gastronómico Área Asardiñada. Praza de Mazarelos.

24h. Salto de cacharelas nos distintos barrios da cidade para salvar o meigallo na noite máxica de San Xoán!

24:30h. Fin de circulación do Tren Cacharelo. Última parada: CGAC

Compartir: