Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 21 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o comisario da Policía Nacional de Santiago, Simón Sabariz.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deporte, Rafael Peña, para presentar unha nova edición do Jamboree de Minibásquet.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, para presentar a convocatoria "Con B de Barrio", de apoio e estímulo ao pequeno comercio de barrio.

20.00 h
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), proxección de A frauta máxica, de Wolfgang Amadeus Mozart, gravada no festival d’Aix-en-Provence do 2014. .

DÍA EUROPEO DA MÚSICA 2016
Festa Martín Códax da Música ao Vivo
14.00 h Na praza de Abastos, Sesión Vermú con De Vacas.
19.30 h Na praciña da Oliveira, mesa redonda arredor da música ao vivo.
22.00 h Na praza da Quintana, concerto de Foxy Freire.
23.00 h Na praza da Quintana, concerto de Croma.

Compartir: