Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 17 de xuño

10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Alameda, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, visita a carpa da Sociedade Española de Farmacia Familiar e Comunitaria coa iniciativa "O farmacéutico que necesitas". Ás 13.30 h, visita a carpa o alcalde da cidade, Martiño Noriega.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Branca Novoneyra, e Álvaro Álvarez, secretario da asociación Desconcierto Cultural para presentar o 'TerraZeando. Ciclo de Concertos ao fresco'

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Fonseca, a tenente de alcalde, María Rozas, asiste ao acto de investidura como doutores Honoris Causa de Enric Trillas e Jena-Michel Uhadelborde.

19.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe os participantes no blogtrip "Compostela, destino 5 estrelas".

20.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á recepción á Fundación Consejo España-EE.UU.

Compartir: