Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 14 de xuño

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, sobre asuntos da súa área.

11.00 h
No Salón Vermello, lectura da declaración institucional da Corporación Municipal do Concello de Santiago en apoio á celebración do Día das Linguas de Signos Españolas.

11.30 h
No Auditorio de Galicia (Sala Circular), ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, e de Santiago Auserón para presentar o concerto que dará o artista dentro do seu novo proxecto "Vagamundo" xunto á Real Filharmonía de Galicia o mércores 15. Na rolda tamén estará a xerente do Consorcio, Belén Hernández.

12.00 h
No CEIP Lamas de Abade, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, inaugura o xardín botánico do centro.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Comercio e Turismo, Marta Lois, para presentar a "Conferencia sobre os beneficios da dieta Atlántica e o aproveitamento do produto de tempada", que vai ter lugar este sábado no CSC das Fontiñas. Na rolda tamén estará a ponente e vicepresidenta da Fundación Dieta Atlántica (USC), Rosaura Leis.

20.30 e 22.00 h
No Teatro Principal, proxeccións da 11ª Mostra Internacional de Cine Etnográfico.

Compartir: