Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 13 de xuño

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a presidenta da Asociación Galega de Musicoterapia (AGAMUS), Montse Merino. (SÓ GRÁFICOS).

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Marta Lois, para presentar a xornada divulgativa "O Camiño cara os Oscar", que se celebra o martes 14 de xuño ás 20.00 horas dentro da 19ª Conferencia Europea de Matemáticas para a Industria. Marta Lois estará acompañada por Peregrina Quintela, presidenta do Comité Organizador do ECMI 2016 e catedrática de Matemática Aplicada na USC; Alfredo Bermúdez, presidente do Comité Científico do ECMI 2016 e catedrático de Matemática Aplicada na USC; e Jorge Mira, Catedrático de Electromagnetismo e moderador da sesión divulgativa.

12.30 h
Na rúa do Franco, 36-38, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste ao acto de descubrimento dunha placa en homenaxe a Xosé Mosquera Pérez, "O vello dos contos". Declaracións ao remate.

Compartir: